publicidade hoxe

Gamallo participa na reunión do Consello da Eurorrexión que centra o programa de traballo para este ano no reforzo da cooperación transfronteiriza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Jesús Gamallo na reunión do consello

Jesús Gamallo na reunión do consello

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal aprobou o seu programa de traballo para o ano 2018 centrado en intensificar a cooperación transfronteiriza entre ambos territorios, onde destacan as actuacións en materia de innovación, emprego, apoio ao emprendemento e cooperación local.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e a directora de Patrimonio Natural, Ana María Díaz asistiron á reunión da Asemblea e do Consello da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal ( AECT).

Durante a cita aprobáronse as contas financeiras do ano 2017 e o orzamento e plan de actividades do ano 2018. Destacan especialmente algunhas das accións para desenvolver no presente exercicio, tales como un Cumio entre as autoridades de Galicia e o Norte de Portugal xunto ao Goberno español e o Goberno portugués en Turismo, xunto a outras accións vinculadas a este sector, actos de promoción e impulso á industria e o emprego eurorrexional, a participación no Forum luso galaico da Economía do mar, a colaboración na organización da visita do Presidente da Xunta de Galicia a Lisboa e unha nova convocatoria do Programa Iacobus.

No encontro, fíxose balance das principais actividades levadas a cabo durante o pasado ano, como a xestión e o seguimento da 4ª convocatoria e a apertura da V convocatoria do Programa Iacobus, a organización do Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o encontro de cooperativas en Valença do Minho, o evento eurorrexional do sector xardinería, o Job Day do sector TIC.

8 de febreiro de 2018 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.