publicidade hoxe

Comeza na Agasp a xornada en materia de cibercrime e delitos informáticos coa asistencia de máis de 200 policías e gardas civís

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor participou na inauguración da Xornada sobre cibercrime e delitos informáticos que da comezo hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, coa asistencia de máis de 200 policías nacionais, gardas civís e policía local.

Luis Menor, indicou que con esta xornada arranca a formación deste ano na Academia, centro de referencia e encontro de todo o persoal da seguridade pública e das emerxencias que traballan en Galicia. A xornada de hoxe pon en releve a importancia crecente desta materia consonte a realidade social actual, na que a tecnoloxía forma parte do día a día e da que non somos conscientes dos perigos que entraña, afirmou o director xeral.

Os plans de formación continua para os profesionais da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica supoñen 485 horas de formación e capacidade para 835 prazas. A policía local, este semestre conta cunha oferta de mais de 1715 horas lectivas en mais de 150 cursos, e case 2000 prazas.

Este curso inscríbese no convenio asinado e entre o Ministerio do Interior e a Vicepresidencia da Xunta para a colaboración en materia de formación e actualización do persoal dos corpos de seguridade do Estado destinados en Galicia.

23 de febreiro de 2018 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.