publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arturo Parrado aborda o presente e o futuro do medio rural desde unha perspectiva inclusiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseSarreaus
A-
A+

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu esta mañá ao Centro de desenvolvemento rural O Viso, cuxa misión é traballar coa comunidade rural en procesos de desenvolvemento integral, sostible e inclusivo do territorio para xerar mellores condicións de vida da poboación rural e do seu medio.

Durante a súa visita, o titular do departamento autonómico tivo a oportunidade de percorrer os tres centros cos que conta a entidade: centro social, vivenda comunitaria e centro de inclusión. Precisamente neste último, tivo lugar un relatorio onde se debullou o presente e futuro do medio rural e dos seus veciños e veciñas.

Parrado afirmou que un contexto como o actual, ofrece importantes oportunidades para un desenvolvemento rural inclusivo. Os datos por Comunidades Autónomas reflicten que máis dun 10% da poboación no medio rural precisa de apoio para realizar as actividades básicas da vida diaria, para mellorar os seus plans de vida ou para mellorar a súa participación na sociedade e exercer unha cidadanía de pleno dereito. Neste sentido, “é vital aproveitar todo o potencial que ofrece o medio rural para a plena inclusión destas persoas, mediante fórmulas de coordinación e traballo en rede”, asegurou o director xeral.

Para conseguilo, a Xunta de Galicia colabora activamente co CDR O Viso a través de diversas accións formativas como os cursos de mantemento de xardíns, o de camareiro ou o de alfabetización es español para mulleres migrantes, que tamén poden facer uso do servizo Integrarte de apoio á inclusión sociolaboral. Así mesmo, a Administración autonómica colabora co comedor social, co servizo de cobertura de necesidades básicas e coas accións relacionadas co apoio á conciliación. Arturo Parrado destacou que a Consellería de Política Social investiu nos anos 2017 e 2018 máis de 178.000 euros para o mantemento destes servizos e cursos, que contan co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

O director xeral tamén lembrou que a Xunta desenvolveu o Proxecto Symbios que traballou, a través dunha rede transnacional, o fenómeno da exclusión territorial como consecuencia do cambio demográfico. Ademais, tamén identificou, analizou e modelizou toda unha serie de iniciativas exitosas na abordaxe dos desafíos para a inclusión das persoas que residen en áreas en declive e, entre elas, varias desenvolvidas por e para persoas con discapacidade.

20 de febreiro de 2018 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.