publicidade hoxe

A Policía Autonómica realizou 172 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 5 e o 11 de febreiro un total de 172 inspeccións de control en 16 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo e Pontevedra, nesta pasada semana realizáronse 51 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, A Laracha, Ames, Barbadás, Barco de Valdeorras, Culleredo, Lugo, Nigrán, Ourense, Padrón, Pontevedra, San Cibrao das Viñas, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 105 persoas e inspeccionadas 172 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 15 actas de infracción,das cales 4 foron por venda de alcol, 10 por consumo tabaco e 1 por venda tabaco.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

12 de febreiro de 2018 | 15:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.