publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e concello de Ordes colaboran na reforma e ampliación dos vestiarios do polideportivo Castelao II

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaOrdes
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Ordes para coñecer de primeira man o resultado das obras de reforma e ampliación dos vestiarios do polideportivo Castelao II, nas que a Xunta investiu algo máis de 39.000 euros.

Esta subvención foi outorgada ao abeiro da Orde para a creación e /ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia. A convocatoria para 2018 xa está aberta, cun importe total de máis de 2,3 millóns de euros.

A orde ten como obxectivo conseguir ou recuperar un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, de forma que os concellos poidan prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia do seu lugar de residencia. Así, o goberno galego presta un apoio ás facendas municipais, que precisan da creación ou mellora das infraestruturas para a adecuada prestación dos servizos municipais.

23 de xaneiro de 2018 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.