publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Vázquez Almuiña presenta o proxecto de construción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz, cun orzamento de 636.440,26 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePaderne de Allariz
A-
A+
O conselleiro de Sanidade na visita a Paderne de Allariz

O conselleiro de Sanidade na visita a Paderne de Allariz

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou esta mañá o proxecto de construción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz. A obra conta cun presuposto de 636.440,26 € e ten un prazo previsto de execución de 9 meses.

Almuiña destacou a implicación da Xunta en inversións en servizos sociais e concretamente en servizos sanitarios. Tamén remarcou que dende a Consellería de Sanidade non se aposta só polos hospitais, senón que se lle outorga especial importancia á atención primaria, buscando mellorar as condicións dos profesionais e posibilitando que os veciños reciban o mellor servizo sanitario.

A nova edificación vaise construír nunha parcela de 2.255 metros cadrados, no lugar de Toxeiras, a uns 150 metros en liña recta do actual centro de saúde, que ten unha superficie de 261 metros cadrados. O novo edificio terá una superficie construída de 393,05 metros cadrados o que supón un incremento de 132,05 metros cadrados, un 50,59% máis respecto ao espazo actual.

O futuro centro de saúde constará dunha única planta baixa, con tres zonas claramente diferenciadas. Por un lado está a zona sanitaria,que ocupará a parte central da construción e que será a de maior tamaño. A súa dereita estará a zona de persoal e a esquerda a das instalacións.

O acceso ao centro será a través dun gran porche que permite a espera dos pacientes en caso de choiva. Unha vez dentro, á esquerda, atoparase a sala de espera da recepción e un espazo para padiolas e cadeiras de rodas. Xusto ao final deste espazo, haberá un acceso a zona de instalacións a través dun falso patio. De seguido atoparase a recepción, os aseos para acceso do público e unha sala de espera con grandes cristaleiras. Fronte á sala de espera estarán a sala de consulta médica, a de consulta de enfermería e a de consulta polivalente. No exterior haberá unha zona de aparcamento con capacidade para once prazas, dúas delas para persoas con discapacidade.

Na actualidade, no concello de Paderne de Allariz hai 1.122 persoas con dereito a recibir atención sanitaria do Sergas. Coa construción deste novo centro de saúde, vaise poñer a disposición dos profesionais sanitarios e dos pacientes unha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades tanto presentes como futuras.

7 de novembro de 2017 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.