publicidade hoxe

A Xunta inviste 46.000 euros na reforma do terceiro andar dos xulgados de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de completar a primeira fase da reforma e habilitación dos espazos para a Fiscalía de Área de Santiago de Compostela, dentro do programa de mellora e mantemento das dependencias xudiciais da provincia da Coruña. O director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, comprobaron hoxe o resultado dos traballos. O investimento global desta actuación superou os 46.000 euros

A intervención no edificio xudicial de Santiago forma parte da programación de obras menores, que na provincia da Coruña supoñen un investimento de preto de 107.000 euros repartidas nunha ducia de actuacións en diferentes inmobles e oficinas. No caso de Compostela, as intervencións xa rematadas dan resposta ás demandas dos traballadores e solucionan problemas que afectaban tanto aos funcionarios como aos usuarios das dependencias.

Tanto Martín Álvarez como Rodeiro agradeceron aos traballadores a súa paciencia e comprensión durante o desenrolo dos traballos. “As necesidades ás veces están por riba das posibilidades das Administracións, pero o compromiso da Xunta é seguir avanzando na modernización e mellora das instalacións”, sinalou Rodeiro. O director xeral interesouse polas condicións que ofrece o edificio para o desenrolo das actividades cotiás, e anunciou que o plan de adecuación e mellora dos xulgados terá continuidade nos seguintes exercicios.

21 de novembro de 2017 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.