publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta favorece o primeiro contacto laboral de xente nova a través do programa ‘Deseñando o teu futuro’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, participou hoxe no acto de entrega de diplomas aos 15 mozos e mozas que participaron no proxecto promovido pola ANPA ‘Escuela Hogar Nuestra Señora del Carmen de la Grande Obra de Atocha’ no marco do programa ‘Deseñando o teu futuro’ da Consellería de Política Social. Estes diplomas acreditan as aptitudes e os coñecementos que adquiriron durante as súas estadías en empresas da área de Betanzos.

Con este programa, a Consellería de Política Social quere facilitar á mocidade de entre 14 e 18 anos de idade o seu primeiro contacto coa realidade laboral para que poidan, tras esa práctica previa, decidir a súa traxectoria profesional. Así o sinalou durante a entrega de diplomas a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que agredeceu a implicación do concello de Betanzos e das empresas e interesouse pola experiencia dos mozos e mozas. “Grazas a esta experiencia non formal gañades ferramentas para adoptar decisións mellor fundamentadas sobre o voso futuro académico e profesional pero tamén adquirides coñecemento e valorización dos recursos e potencialidades que ofrece o voso territorio”, sostivo a representante autonómica.

O proxecto da ANPA, cun orzamento de 2850 euros, contou coa colaboración do concello de Betanzos e das empresas Centro Pai Menni, Loreda Servicios Integrales, Britannia School, Placer Abogados, Aeroflota do Noroeste, S.L., Alfa 2 Arquitectura e Enxeñería S.L.P, que acolleron e titorizaron as estadías dos participantes cunha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles.

25 proxectos presentados

A edición deste ano de ‘Deseñando o te futuro’, a segunda desde a súa posta en marcha, financiou 25 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitaron a estadías en empresas dun total de 358 mozos e mozas.

A cantidade subvencionable a cada entidade e concello ou agrupación de concellos se calcula a razón de 6 euros por participante r día para cubrir os gastos de manutención e desprazamento, e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización

28 de novembro de 2017 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.