publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha trintena de empresas do polígono industrial de Ordes contan con acceso a internet de ata 350 Mbps grazas ao Plan de banda larga da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+

Máis de 30 empresas do polígono industrial de Ordes dispoñen de cobertura de redes ultrarrápidas de ata 350Mbps e preto do 50% delas xa contrataron os servizos de R e desenvolven a día de hoxe a súa actividade conectadas a estas redes de última xeración. A de Ordes é unha das 81 das superficies empresariais de toda Galicia que se están a beneficiar do Plan de banda larga 2020, impulsado pola Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.

Desde 2016 xa se activou este servizo en 14 parques empresariais da provincia. A previsión que ao remate de 2017 se acaden outros 4 polígonos con este servizo.

350Mbps e servizos R de valor engadido

As máis de 30 empresas ordenses e as dos polígonos beneficiados desta actuación do Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Ademais, R pon a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.

Estas solucións intégranse en centros de datos profesionais, coma se formasen parte da rede local da empresa. Proximidade, polo tanto, e tamén flexibilidade para adaptarse ás necesidades dos negocios en cada momento.

E todo isto, grazas ás vantaxes das redes FTTH (Metro, RFoG, GPON…), que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R

Prazos e orzamento

Nestes momentos, 34 dos 81 recintos empresariais das catro provincias galegas incluídos no Plan contan xa con redes ultrarrápidas e, segundo as previsións, outros 13 farano ao longo de 2017 e 34 máis en 2018. Deste xeito, no ano 2018, un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs. O resto cubriranse nas seguintes actuacións previstas no Plan.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Plan de Banda Larga de Galicia 2020
O Plan de Banda Larga de Galicia 2020, aprobado o 1 de outubro de 2015 no Consello da Xunta, asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.

6 de outubro de 2017 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.