publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Pelerinaxes valora a riqueza patrimonial galega e achégalla á rapazada da man da Xeración Nós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilamarín
A-
A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe á mañá no ourensán IES de Vilamarín a unha das charlas interactivas arredor do filme Pelerinaxes, inspirado na obra homónima de Ramón Otero Pedrayo, que programan en centros de ensino dependentes da Consellería de Cultura e Educación os equipos de dinamización da lingua galega no marco do proxecto educativo multidisciplinario homónimo.

A iniciativa apóiase neste filme no que o director italiano Simone Saibene -que participa nas charlas- adapta a obra literaria do mesmo nome na que Ramón Otero Pedrayo narra a viaxe que realizou canda Vicente Risco e Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey) en 1927. O obxectivo é achegar ao alumnado de formación profesional, bacharelato e dos últimos cursos da ESO á riqueza patrimonial galega da man dos homes da Xeración Nós e do seu ideario.

Nesta primeira edición participan centros de ensino localizados nos puntos nos que os tres escritores fixeron as primeiras paradas da viaxe: o IES Otero Pedrayo (Ourense), o IES As Lagoas (Ourense), o IES Blanco Amor (Ourense), o CPI Antonio Faílde (Cambeo, Coles), o IES Vilamarín (Vilamarín), o CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea) e o IES Monterroso (Monterroso).

5 de outubro de 2017 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.