publicidade hoxe

A Xunta mellora a calidade de vida das persoas con enfermidades mentais a través das axudas de voluntariado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, asistiu hoxe a unha xuntanza co persoal técnico, persoas voluntarias e responsables das Asociación lucense de axuda a enfermos mentais, Alume, nas instalacións da entidade.

O encontro, serviu para analizar de forma conxunta o desenvolvemento de dous proxectos de formación do voluntariado financiados a través das Ordes de axuda pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, respectivamente.

Os proxectos financiados cunha cantidade próxima aos 4000 euros supuxeron un beneficio directo para as 63 persoas con enfermidade mental crónica que acoden de xeito habitual as actividades programadas por Alume. A entidade conta co compromiso estable de 14 persoas voluntarias para o desenvolvemento da súa acción solidaria. Parte dos seus membros expuxeron de xeito pormenorizado o traballo desenvolvido ao longo deste ano, que poderá ser ademais recoñecido formalmente cun certificado de experiencias voluntarias no que se reflectirán as accións voluntarias que desenvolveron, logo de ser depositadas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia pola súa entidade correspondente.

No ano 2017 a Consellería de Política Social concedeu axudas a 25 entidades de acción voluntaria e concellos da provincia de Lugo para impulsar o seu labor de voluntariado no marco das Ordes mencionadas anteriormente. Estas achegas suman un total de 56.063 euros.

9 de outubro de 2017 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.