publicidade hoxe

Xunta e Concello de Amoeiro colaboran na reforma do centro de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmoeiroLocal PortadaOurense
A-
A+
Sinatura do convenio entre Jesús Vázquez e o concello de Amoeiro

Sinatura do convenio entre Jesús Vázquez e o concello de Amoeiro

O Servizo Galego de Saúde e o Concello de Amoeiro colaborarán nas obras de reforma do centro de saúde deste municipio, que terán un orzamento total de 10.122,81 euros cofinanciado ao 50% por ambas as dúas administracións.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde, Rafael Rodríguez Villarino, asinaron esta mañá un convenio con este obxectivo, xa que os servizos técnicos do Sergas detectaron que este centro sanitario require de diversas actuacións de mantemento para ofrecer o mellor servizo posible aos seus usuarios.

Segundo o acordo asinado hoxe, o Concello de Amoeiro, como titular do centro de saúde, asumirá a supervisión do proxecto técnico de obras e a contratación, dirección e execución da reforma; mentres que ao Servizo Galego de Saúde lle corresponde a coordinación, xunto ao Concello, daquelas actuacións que resulten necesarias para garantir o mantemento e a continuidade asistencial durante o prazo de execución das obras.

20 de setembro de 2017 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.