publicidade hoxe

Un total de 148 participantes disputarán a sexta edición do Rallye Ourense – Ribeira Sacra

Presentación da sexta edición do Rallye Ourense – Ribeira Sacra

Presentación da sexta edición do Rallye Ourense – Ribeira Sacra

A sexta edición do Rallye Ourense-Ribeira Sacra conta con 148 participantes inscritos, que competirán pola vitoria os días 22, 23 e 24 de setembro, nos 96 quilómetros cronometrados. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe na rúa Cruz Vermella da capital ourensá, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; o presidente da Escudaría Luíntra, Roberto Soto; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; e o coordinador do equipo MM-Motor sport Estonia, Kristo Kraag.

O presidente do goberno provincial asegurou que se trata dunha proba xa consolidada “que aglutina dúas cuestións que estamos moi interesados en promover: Ourense como escenario perfecto para probas automobilísticas de primeiro nivel, e para seguir promocionando a declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO da Ribeira Sacra”.

“Esta proba automobilística, que atrae a pilotos e a escudarías de primeiro nivel, supón un importante evento para promocionar turismo e deporte na nosa provincia e para poñer en valor a gran capacidade organizativa que temos en Ourense”, engadiu Baltar.

O percorrido de 386 quilómetros conta con 96 quilómetros corresponden a nove tramos cronometrados por estradas asfaltadas nos concellos de Ourense, Maceda e Nogueira de Ramuín. O parque pechado e o parque de traballo situaranse nas inmediacións do Campus da Auga, na zona universitaria de Ourense, mentres que a oficina do Rallye e a dirección de carreira estarán ubicadas no Pavillón da Universidade.

Ademais de Alberto Meira, Victor Senra e Iago Caamaño, que loitarán pola vitoria e polo campionato autonómico, tamén participará o equipo de Tomi Makinen Racing, cos pilotos Hiroki Arai e Takamoto Katsuta, quen tamén competirán no vindeiro rallye Racc Cataluña.

21 de setembro de 2017 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.