publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente mellora a área recreativa de Fiopáns cun investimento de 20.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de rematar esta semana en A Baña as obras de mellora da área recreativa de Fiopáns, situada na parroquia de Lañas nas beiras do río Portalaxe. O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe esta actuación financiada pola Unión Europea con fondos FEDER acompañado polo alcalde do concello, José Andrés García Cardeso.

O proxecto permitiu sinalizar as rutas de acceso coa colocación de paneis informativos, incorporar novos equipamentos á área recreativa, como elementos recreativos infantís e contedores para refugallos. Ademais, tamén se instalaron módulos para o aparcamento de bicicletas e varandas de protección lateral nas pasarelas existentes.

Por outra banda, a área recreativa recibiu unha limpeza xeral, retiráronse as árbores caídas e o exceso de vexetación e melloráronse instalacións xa existentes como a caseta de pescadores ou os bancos e mesas. Estas obras supuxeron un investimento de 20.000 euros.

Para o delegado territorial, Ovidio Rodeiro, intervencións coma estas son “moi importantes para os concellos, xa que permiten acometer actuacións que, se ben non teñen un gran valor económico, si que teñen un forte impacto na mellora do medio e, polo tanto, na calidade de vida dos veciños e veciñas do rural”.

6 de setembro de 2017 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.