publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta colabora co Concello de Cerdedo-Cotobade en obras de saneamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobadeLocal Portada
A-
A+
Alfonso Rueda na sinatura do convenio co Concello de Cerdedo-Cotobade

Alfonso Rueda na sinatura do convenio co Concello de Cerdedo-Cotobade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou a importancia de seguir mantendo a colaboración cos concellos na implantación de servizos básicos que redundan directamente no benestar da cidadanía.

Alfonso Rueda asinou un convenio de colaboración co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela por importe de 70.000 euros, destinados ás obras de saneamento de Bouza-Costa-Cuiñas, en Viascón, ao abeiro da orde de axudas aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

A orde ten como obxectivo conseguir ou recuperar un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, de forma que os concellos poidan prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia do seu lugar de residencia. Así, o Goberno galego presta un apoio ás facendas municipais, que precisan da creación ou mellora das infraestruturas para a adecuada prestación dos servizos municipais.

Nesta mesma liña, a Xunta continúa a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional, co obxectivo último de garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio, de tal xeito que a cidadanía galega teña unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia.

A Xunta sigue apoiando aos concellos que aposten pola cooperación como xa o fixo priorizando todas as liñas de axuda aos municipios que cooperen entre si; priorizando tamén aqueles concellos que presenten proxectos de cooperación.

No caso do concello de Cerdedo-Cotobade nesta último ano recibe máis dun millón de euros ao abeiro da orde do Fondo de Compensación Ambiental, da orde de Infraestruturas e do Fondo de Fusións, do cal recibe preto de 900.000 euros.

20 de setembro de 2017 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.