publicidade hoxe

A cidade de Vigo ten garantida auga ata xaneiro coa presa de Eiras ao 61%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

O alcalde enviou esta mañá unha mensaxe de tranquilidade sobre o abastecemento de auga en Vigo sinalando que este está garantido ata o mes de xaneiro. Segundo avanzou, a presa de Eiras está ao 61% e a de Zamáns ao 56%.

O alcalde avanzou esta mañá que Vigo ten garantida auga ata o mes de xaneiro dado que o encoro de Eiras está ao 61% da súa capacidade e o de Zamáns -menos importante- ao 56%. En declaracións aos medios subliñou que a pesar da situación de seca que vivimos nos últimos meses, a presa de Eiras, propiedade do Concello de Vigo, segue a abastecer a Cangas, Moaña, Mos, O Porriño así como a zonas de Baiona ou Nigrán.

21 de setembro de 2017 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.