publicidade hoxe

Uns 50 cativos participan nas actividades fluviais gratuítas da Deputación en Navia de Suarna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoNavia de Suarna
A-
A+

50 nenos e nenasparticiparon este sábado en Navia de Suarna nas actividades fluviais etotalmente gratuítasque organiza o Goberno da Deputación ao longo do mes de agosto e a comezos desetembro en diferentes Concellos da provincia. Esta festa acuática tivo lugarna Praia Fluvial A Proba e contou conatraccións inchables como tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistasde obstáculos, kaiaks ou waterballs. Tamén houbo animación musical e xogospopulares.

13 festas acuáticas

Con estaprogramación, levaranse a cabo un total de 13 festas acuáticas, ó aire libre,en espazos naturais dos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna,Vilalba, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Chantada, Monforte, Sarria, APontenova, Guitiriz, Trabada, Portomarín e Lugo.

Cada sesión lúdicaten unha duración de entre tres e catro horas, e conta coa supervisión de,canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán docoidado e atención dos nenos e nenas participantes, para garantir unhaactividade divertida e segura. Aqueles que non saiban nadar teñen que seracompañados por un adulto.

Próximas actividades

· Vilalba – 14 deagosto – Área de recreo A Madalena (16:00 a 20:00 horas).

· Negueira de Muñiz – 15 de agosto – Área Recreativa Virxe da Veiga (16:00 a 19:00 horas).

· Ribas de Sil – 16 de agosto – Praia Fluvial San Clodio (17:00 a 20:00 horas).

· Chantada – 20 deagosto – Praia do Parque Sangoñedo (16:00 a 19:00 horas).

· Monforte – 22 de agosto – Paseo do Malecón (16:00 a 19:00 horas).

· Sarria – 23 de agosto – Area de recreo O Chanto (16:00 a 20:00horas).

· A Pontenova – 26 de agosto – Pozo da Ola (17:00 a 20:00 horas).

· Guitiriz – 26 de agosto – Área recreativa de Parga (16:30 a19:30).

· Trabada – 27 de agosto – Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas).

· Portomarín – 1 de setembro – Náutico (16:00 a 19:00 horas).

· Lugo – 2 de setembro – Club Fluvial (16:00 a 20:00).

14 de agosto de 2017 | 14:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.