publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os novos pantaláns pesqueiros no peirao de Santo Tomé melloran as condicións de traballo e seguridade da flota pesqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal Portada
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia vén de rematar os traballos de construción de novos pantaláns pesqueiros no peirao de Santo Tomé, no municipio pontevedrés de Cambados. Así o comunicou esta mañá a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, nunha visita á zona na que estivo acompañada polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

Rosa Quintana explicou que o investimento realizado foi de case 200.000 euros e a nova dotación dá resposta a unha necesidade plantexada de xeito recorrente polo sector profesional da zona. As obras realizadas consistiron fundamentalmente na construción dun pantalán para embarcacións pesqueiras co que se conseguen 73 prazas de atracada: 47 prazas embarcacións de ata 6 metros; 8 prazas para as de ata 8 metros; 12 para as de ata 10 metros e 6 para as de ata 12 metros.

A este pantalán accédese por medio dunha pasarela articulada de estrutura de aluminio e piso de madeira. A atracada das embarcacións realízase por medio de fingers para as embarcacións de ata 12 metros e por medio de brazos de amarre de 5 metros para as embarcacións de ata 6 metros de lonxitude. Como servizos engadidos para a mellora das condicións dos profesionais, os pantaláns contarán con preinstalación de auga e electricidade por canlóns.

Finalmente, Rosa Quintana lembrou que cos traballos executados e en execución ao longo deste ano 2017, en total, a dotación de novas prazas de amarre para o sector pesqueiro na ría de Arousa será de 500 prazas, distribuídas do xeito seguinte: 300 no Xufre (A Illa de Arousa); 125 en Cabo de Cruz (Boiro) e 73 en Santo Tomé (Cambados).

31 de agosto de 2017 | 14:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.