publicidade hoxe

O Goberno da Deputación colabora cos Domingos Folclóricos de Portomarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoPortomarín
A-
A+

O Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde de Portomarín, Juan Serrano López, presentou esta mañá os Domingos Folclóricos de Portomarín, unha iniciativa cultural e turística que conta coa colaboración do organismo provincial, que terá lugar os 4 domingos do mes de agosto.

García Porto explicou que “decidimos achegar un total de 8.000 euros á celebración de varias citas culturais do Concello, como Graffitis no Concello, a presentación do libro Os misterios de Portomarín, así como a esta nova edición dos Domingos Folclóricos. É unha iniciativa de carácter lúdico, coa que dinamizamos turisticamente o Concello, pois é un reclamo para toda a zona. De feito, este é un dos eixos de actuación do primeiro Plan Estratéxico de Turismo, totalmente participativo, que fixemos dende o Goberno da Deputación, para converter Lugo nun destino turístico consolidado no país”.

Programación

Os Domingos Folclóricos arrancan o sábado 5 de agosto, coa actuación inaugural da Compañía Yázabro ás 19:00 horas, que representarán O Gaiteiro Bucólico. A partires desta xornada, as actuacións terán lugar os 4 domingos do mes de agosto, na Praza Condes de Fenosa, a partires das 19:00 horas. A programación é a seguinte:

Domingo 6: Xoán Curiel e o Grupo Folclórico Mistura Lieiro.
Domingo 13: Os Valuros de Castro de Rei, Asociación Cultural Río Miño e a Agrupación Folclórica O feitizo de Foz. Nesta xornada haberá, ademais, queimada popular.
Domingo 20: Grupo Lemavos e a Asociación Cultural Río Miño.
Domingo 27: Asociación Os Deiquí e Airiños de Orbazai

31 de xullo de 2017 | 14:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.