publicidade hoxe

A Consellería de Sanidade remítelle ao Concello de Lugo o borrador do convenio para coordinar as obras do Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

A Consellería de Sanidade remitiulle hoxe ao Concello de Lugo por correo ordinario o borrador do convenio para coordinar entre ambas institucións o desenvolvemento do proxecto do Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia. Trátase do mesmo convenio que se trasladou a outros concellos galegos, como Pontevedra ou Santiago de Compostela, entre outros, e nos que desde un principio se contou coa colaboración municipal para definir novos usos hospitalarios en cada un dos casos.

No devandito convenio, establécese o punto de partida para sentar as bases da colaboración necesaria para dotar á parcela das infraestruturas necesarias, como puidera ser subministro eléctrico, saneamento, alumeado, accesos, etc., que demanda a posta en marcha deste tipo de actuacións.

Debido a un erro involuntario, o pasado mércores remitíuselle ao concello lucense por correo electrónico un convenio equivocado, como xa se lle trasladou aos interesados. Unha vez detectado o erro, tentouse sen éxito comunicarllo a alcaldesa o pasado venres desde a Consellería. Ata hoxe, ao mesmo tempo que se lle daba saída por correo ordinario, non foi posible subsanar a incidencia que, en ningún caso, por parte da Consellería de Sanidade, vai afectar as posteriores negociacións para sentar os piares dun centro que considera prioritario e fundamental para toda a poboación lucense.

Así mesmo, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ten previsto recibir proximamente aos representantes veciñais da Mesa do Barrio da Residencia, que xa foran invitados á presentación do proxecto o pasado luns, coa fin de aclararlles calquera dúbida ao respecto.

3 de xullo de 2017 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.