publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Medio Rural estudará un investimento para a Feira do Gando de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelide
A-
A+
Ángeles Vázquez na visita ás instalacións da Feira do Gando de Melide

Ángeles Vázquez na visita ás instalacións da Feira do Gando de Melide

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou xunto coa alcaldesa de Melide, Dalia García, as instalacións da feira do gando do concello para coñecer as condicións do recinto. Dadas as necesidades que ten o edificio, en especial a súa cuberta, a responsable autonómica comprometeuse a estudar unha axuda para poder mellorar este espazo.

En concreto, o Concello busca un investimento para executar un proxecto que lle permita renovar o espazo e facer un mellor manexo dos animais, así como facilitar o traballo aos seus usuarios. Segundo transmitiu a rexedora, o que máis urxe é a substitución do teito para evitar as continuas reparacións ás que se ve sometido.

Neste sentido, Ángeles Vázquez formalizou un compromiso de estudo para que o edificio poida “adaptarase ás novas necesidades” porque o obxectivo desta iniciativa é relanzar esta feira cara un sector diferencial.

A Feira do Gando de Melide celébrase unha vez ao mes en dúas naves cunha capacidade importante e nas que prima a venda de becerros. Agora, o reto é apoiar a chegada doutros animais a través do proxecto de reestruturación.

4 de xullo de 2017 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.