publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os valores do cooperativismo difúndense entre os máis cativos na entrega de premios ao CEIP Plurilingüe Domaio de Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Moaña (Pontevedra) na entrega dos premios Cooperativismo no ensino ao CEIP Plurilingüe Domaio, que foi galardoado por dous traballos: O cooperativismo: un novo superpoder, premiado co mellor traballo do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil dotado con 2.000 euros; e Luces, cámara e cooperación, que contou cun accésit na categoría de quinto e sexto curso de Educación Primaria galardoado con 1.000 euros.

Toca destacou os valores e principios que inspiran o cooperativismo como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada, ao tempo que explicou que Cooperativismo no ensino forma parte dos actos que está levando a cabo a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración co Consello Galego de Cooperativismo, para celebrar o mes do cooperativismo en Galicia co obxectivo de difundir as vantaxes desta fórmula empresarial e que rematará o 1 de xullo coa entrega de Premios á Cooperación 2017.

13 de xuño de 2017 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.