publicidade hoxe

O goberno de Caballero divulgará o servizo de orientación xurídica gratuita do Colexio de Graduados Sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Despois de reunirse cos seus responsables na mañá deste luns, Caballero garantiu a colaboración do Concello para divulgar e promover o servizo que ofrecerá o Colexio unha vez por semana, un asesoramento xurídico de balde no ámbito sociolaboral e de seguridade social.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión cos responsables do Colexio de Graduados Sociais, tras a que garantiu o apoio do Concello na divulgación e promoción do seu servizo de orientación xurídica gratuíta.

Explicou Caballero en rolda de prensa que o Colexio está levando adiante un día á semana este servizo de información e asesoramento xurídico de balde, para consultas de ámbito sociolaboral e de seguridade social, atendidas por profesionais colexiados cualificados.

12 de xuño de 2017 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.