publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Mondariz-Balneario recibe 40.000 euros para mellorar o paseo do Troncoso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondariz-BalnearioPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, unha nova achega ao concello de Mondariz-Balneario no marco do “Plan Concellos 2017″, dentro da súa liña 1 de investimentos, que vén completar o seu investimento deste ano 2017, situado en máis de 250.000 euros. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 40.655,62 € que permitirán que a vila acometa a segunda fase das melloras do paseo do Troncoso. Nesta ocasión, instalarase mobiliario urbano e unha nova pavimentación de lastras rústicas e axardinarase a zona.

Ao abeiro do “Plan Concellos 2017″, anteriormente a institución provincial xa destinara a Mondariz-Balneario 153.743,55 € na liña 1 para impulsar o proxecto de zona verde no entorno do Gran Hotel da vila, para o acondicionamento ambiental da contorna do Paseo de Troncoso, para a segunda fase da mellora das infraestruturas da rúa Javier Solano e para a segunda fase da renovación do alumeado exterior da rúa Ramón Peinador. Ademais, 1.823,64 € na liña 2 para o financiamento dunha actividade de cinema na rúa e outros 54.614,88 euros para a contratación de 12 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.

Con todos os fondos do “Plan Concellos 2017″ concedidos, este ano a achega da Deputación de Pontevedra a Mondariz-Balneario ao abeiro deste plan sitúase nun total de 250.837,69 €.

12 de xuño de 2017 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.