publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta executa unha senda peonil no lugar do Castiñeiro, ao seu paso polo Concello de Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaTordoia
A-
A+

A Xunta está a executar unha senda peonil no lugar do Castiñeiro, entre os quilómetros 30,9 e 31,4, no concello coruñés de Tordoia. Esta actuación ten un prazo de execución de dous meses e conta cun orzamento de máis de 60.000 euros, cofinanciados con Fondos FEDER 14/20.

Nesta actuación, que executa a empresa Construcciones Ponciano Nieto, construiranse 480 metros de senda de formigón coloreado pola marxe dereita da estrada AC-400, concretamente, dende a intersección á altura do Casal, conectando coa beirarrúa existente no lugar do Castiñeiro. Esta infraestrutura terá un ancho de 1,8 m e completarase cos elementos necesarios para a recollida das augas de drenaxe. A actuación responde a unha solicitude realizada polo Concello de Tordoia para a construción dunha senda peonil desta zona do municipio.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a promover sendas útiles, sustentables e saudables para que os veciños poidan empregar as estradas de xeito seguro e accesible, ao tempo que mellora a seguridade de todos os usuarios da vía.

O Plan de Sendas de Galicia concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios peonís. O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, destinará este ano un total de 10,5 millóns de euros ao Plan, que xa dispón de 40 proxectos aprobados.

O delegado territorial da Xunta na Coruña. Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá, acompañado polo alcalde, Antonio Pereiro, os traballos e sinalou que “este Plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas, ao tempo que busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular”.

20 de xuño de 2017 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.