publicidade hoxe

A Xunta continúa coa campaña de control da calidade do aire no porto de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de iniciar a segunda fase da campaña de control da calidade do aire no Porto de Vigo, coa instalación dunha unidade móbil de calidade do aire no peirao de cruceiros transatlánticos.

A campaña realízase anualmente desde 2012 por petición expresa da Autoridade Portuaria. Nunha primeira fase instalouse a unidade móbil en Bouzas, onde estivo dúas semanas, e á vista das análises e dos datos recompilados pode concluírse que os elementos medidos non superaron os valores límite.

Este dispositivo permitirá avaliar o impacto das achegas da actividade portuaria na calidade do aire, xa que conta con analizadores de SO2 (Dióxido de Azúfre), NO2 (Dióxido de nitróxeno)/ NOx(Óxidos de nitróxeno), PM10 / PM2,5 (pequenas partículas en suspensión sólidas ou líquidas de polvo), O3 (Ozono), CO (Óxido de carbono) e benceno, que transmiten os seus datos a tempo real á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Unha vez finalizada a recompilación de datos, os técnicos da Consellería emitiran un informe para que a Autoridade Portuaria teña coñecemento da afección á calidade do aire das súas actividades, e de ser o caso, poida tomar as medidas oportunas.

21 de xuño de 2017 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.