publicidade hoxe

A Xunta consolida as liñas de cooperación coa prefectura de Wakayama en Xapón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Jesús Gamallo na reunión con Shingo Uoi

Jesús Gamallo na reunión con Shingo Uoi

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantivo hoxe un encontro de traballo co responsable de internacionalización do Goberno da Prefectura de Wakayama (Xapón), Shingo Uoi.

O obxectivo da xuntanza foi avanzar na consolidación da cooperación institucional que comezou xa hai case dúas décadas, e que se reafirmou en 2015 coa sinatura dun Memorando de Entendemento entre o presidente da Xunta e o Gobernador desta prefectura xaponesa. Este Memorando marcou como obxectivo fortalecer a cooperación bilateral en áreas como o desenvolvemento do capital humano, a investigación, as novas tecnoloxías, os sectores turístico e agroalimentario, ou a cooperación empresarial.

21 de xuño de 2017 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.