publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A nova vía de conexión de Portobravo, en Lousame, coa VAP Brión-Noia, en Sampaio, estará rematada o vindeiro ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaLousame
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e os alcaldes de Noia e Lousame, Santiago Freire e María Teresa Villaverde, supervisou hoxe o inicio das obras de mellora da conexión do núcleo de Portobravo coa vía de altas prestacións Brión- Noia, en Sampaio, que estarán rematadas o vindeiro ano, tras o investimento de 1,3 millóns de euros.

A nova infraestrutura viaria, de 900 metros de lonxitude, iníciase en Portobravo e permitirá chegar á VAP Brión – Noia en menos de cinco minutos. Así, reducirase en algo máis de 1 quilómetro a lonxitude que actualmente percorren os usuarios, evitando varias interseccións.

As obras que veñen de iniciarse consisten na construción dunha vía de novo trazado que discorre polo termo municipal de Noia pero que beneficiará directamente aos veciños de Lousame, dotando tamén de maior accesibilidade o núcleo de Noia e ao seu polígono industrial.

Vázquez Mourelle salientou que estes traballos reportarán importantes beneficios para veciños e usuarios, que contarán cunha nova conexión entre Portobravo e a vía de altas prestacións que comunica Santiago con Noia para realizar os seus desprazamentos habituais de forma máis segura, máis áxil e tamén máis cómoda.

A titular de Infraestruturas subliñou que o Goberno galego está a transformar os proxectos en feitos, en obras xa en execución que dotarán aos veciños de Lousame e de Noia de mellores comunicacións, de máis comodidade nos seus desprazamentos cotiáns e que redundarán na mellora da súa calidade de vida.

7 de xuño de 2017 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.