publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís comproba as obras de execución dunha parada de autobús na estrada PO-400 en Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArbo
A-
A+
Cores Tourís na visita ás obras xunto ao alcalde de Arbo

Cores Tourís na visita ás obras xunto ao alcalde de Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do alcalde de Arbo, Horacio Gil, visitou esta mañá este concello co obxectivo de comprobar o avance das obras de execución dunha parada de autobús que dotará de maior seguridade viaria á estrada PO-400 xusto na saída da travesía deste concello en sentido Filgueira.

Estas obras están a ser executadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda co obxectivo de mellorar a circulación neste punto e gañar en seguridade viaria.

As obras, que estarán rematadas nas próximas semanas, lévanse a cabo no punto quilométrico 18,600 da PO-400, na súa marxe esquerda, onde se habilitou unha parada de bus en paralelo á calzada, de xeito que os autobuses non interferiran ao parar nese punto e se mellorara a seguridade viaria.

Os traballos foron adxudicados á Construcciones Enrique C. Casas por 40.460 euros, e para a súa execución foi necesario demoler a beirarrúa existente que foi ademais retranqueada, como tamén o foi a liña de alumeado e a canalización de augas pluviais residuais.

A maiores, o concello de Arbo ofreceu unha parcela colindante de propiedade pública para o seu acondicionamento e pavimentación, de cara a habilitar sete prazas de aparcamento, mantendo, ademais, o paso de acceso ás fincas xa existentes.

“O pasado verano, o alcalde de Arbo solicitounos esta mellora xa que consideraban perigosa a anterior parada de autobús, xa que se trata dunha zona moi transitada por vehículos á saída do municipio, e era necesario garantir a seguridade viaria tanto dos coches como dos peóns e os usuarios do servizo de transporte público”, explicou Cores Tourís.

Esta nova parada completa a actuación de humanización da PO-400 que en 2010 foi obxecto de construción de beirarrúas con pavimento de baldosa ao longo de 310 metros lineais e cun orzamento de 60.000 euros. Ademais, en 2014, leváronse tamén a cabo traballos de mellora entre os quilómetros 12 e 24 da PO-400 ao seu paso por Arbo, e que consistiron no fresado e reposición da calzada con mestura bituminosa en quente, reposición da sinalización horizontal e xestión de residuos e limpeza de obras. Estes traballos completáronse con melloras no pavimento desta mesma estrada nos concellos de As Neves e Crecente, cun investimento de 225.000 euros.

11 de maio de 2017 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.