publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As bonificacións do prezo do solo empresarial permitiron adxudicar o 60% da superficie do polígono de Bértoa, en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal Portada
A-
A+

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, explicou hoxe no Parlamento que a Xunta adxudicou xa preto do 60% da superficie parque empresarial de Bértoa, en Carballo, grazas ao incentivo qye supuxo a posta en marcha das bonificacións sobre o prezo do solo empresarial.

A superficie adxudicada ascende a 271.430 m2, téndose producido as últimas adxudicacións a pasada semana. Preto dos dous terzos do solo foron adxudicados nos dous últimos anos, cun total de 186.229 metros cadrados.

Actualmente, as empresas adxudicatarias xa están traballando en 37 das 39 parcelas adxudicadas entre 2015 e 2016. Cinco empresas xa teñen rematada a construción das súas instalacións e outras cinco teñen as obras en execución, mentres que catro solicitaron licenza de obras e o resto están redactando os proxectos.

As empresas adxudicatarias de solo bonificado teñen o compromiso de construír as súas instalacións e acadar a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos dende a formalización da compravenda da parcela.

Os principais sectores aos que pertencen as empresas adxudicatarias de solo no parque empresarial de Bértoa son: fabricación de produtos metálicos; motor; actividades inmobiliarias; fabricación de maquinaria e equipo; construción; comercio maiorista e minorista; transporte; Industria química; e actividades deportivas e recreativas.

Actualmente a Xunta dispón de máis de 177.000 metros cadrados de solo empresarial no parque empresarial de Bértoa, cun prezo medio de venda de 36,42 euros por metro cadrado, unha vez descontada a bonificación do 50 por cento.

Tamén é posible a adxudicación de solo en dereito de superficie, cun canon dende 0,92 uros por metro cadrado e ano durante os dous primeiros anos.

A adxudicación realízase por un prazo de 30 anos prorrogables por outros 30 e co dereito de adquisición do solo adxudicado durante os 10 primeiros anos, descontando do prezo de venda o 40 por cento do pagado en concepto de canon. Se a adquisición se realiza non seis primeiros anos, ademais aplicarase o 50 por cento da bonificación prevista para a compravenda no momento de adxudicación da parcela.

2 de maio de 2017 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.