publicidade hoxe

A Xunta entrega unha nova vivenda en réxime de alugueiro social en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

Unha nova familia de Vigo dispón dunha vivenda en réxime de alugueiro social despois de que esta semana a Xunta lle asinase o contrato de alugueiro da mesma e se entregasen as chaves aos adxudicatarios.

Trátase dun inmoble cedido pola entidade CaixaBank á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, co fin de destinala a familias en situación de extrema necesidade ou afectados por desafiuzamentos, como é o caso da familia beneficiaria da vivenda cuxas chaves se entregaron esta mesma semana.

Por outra parte, a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación dunha vivenda a unha familia en situación de emerxencia social. Esta vivenda, cedida por Abanca, está emprazada no concello de Covelo.

Unha vez que as vivendas sexan adxudicada polo departamento que dirixe Ethel Vázquez, asinaranse os contratos de alugueiro e entregaranse as chaves aos beneficiarios.

No que vai de 2017, xa se realoxaron a máis de 30 familias en vivendas propiedade do Goberno galego ou cedidas por Abanca, Sareb e CaixaBank. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.

18 de maio de 2017 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.