publicidade hoxe

Xunta e Padroado do Instituto Feiral de Vigo avanzan na tramitación do proxecto de ampliación de Ifevi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Sol Vázquez na reunión do Padroado do Instituto Feiral de Vigo

Sol Vázquez na reunión do Padroado do Instituto Feiral de Vigo

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe en Vigo na reunión do Padroado do Instituto Feiral de Vigo no que se aprobou a subscrición dun convenio de colaboración para a ampliación de Ifevi. Mediante este acordo, que deberá agora ser asinado por todas as partes, a Xunta asumirá a construción, o Concello cederá os terreos e o Instituto encargarase da xestión posterior da nova instalación.

A tramitación do proxecto, que se está a realizar a través da Lei de medidas en materia de proxectos de urxencia ou de excepcional interese promovidos por administracións públicas, podería finalizar en próximas datas. Trala recompilación de todos os informes, a normativa fixa que o expediente sexa aprobado na Comisión de Urbanismo e no Consello da Xunta. A directora xeral sinalou que se están a cumprir os trámites administrativos para poder deste xeito iniciar a execución da obra, que suporá unha ampliación de 5.000 m2.

Sol Vázquez destacou que a colaboración de todas as partes implicadas, entre as que sinalou, ademais de á Xunta, ao Concello, Conxemar e Ifevi, permitirá consolidar a celebración neste recinto de eventos de referencia a nivel europeo e internacional, como o propio Conxemar e Navalia, ao tempo que abre novas oportunidades de negocio, mellorando a competitividade do recinto feiral vigués e beneficiando así o conxunto do tecido económico empresarial tanto da comarca como de Galicia.

18 de abril de 2017 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.