publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Pazo dos Deportes “Paco Paz” acollerá esta fin de semana a VIII Copa Galicia Internacional de Ximnasia de Trampolín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaOurenseOurense
A-
A+
Presentación da Copa Galicai Internacional de Ximnasia de Trampolín

Presentación da Copa Galicai Internacional de Ximnasia de Trampolín

O Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación de Ourense acollerá, os vindeiros días 21, 22 e 23 de abril, a VIII Copa Galicia Internacional de Ximnasia de Trampolín, así como o Encontro de Seleccións Internacionais, nas categorías de Junior e Senior, de Holanda, Portugal e España. A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o coordinador do deporte base no servizo de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e o presidente e a secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Jose Manuel Estévez e Cristina Sánchez, respectivamente.

A Copa Galicia Internacional de Ximnasia de Trampolín conta cunha “ampla participación chegando ás 350 persoas entre ximnastas, técnicos, xuíces e persoal de organización, procedentes de clubs de todo o territorio nacional e de Portugal”, dixo Rosendo Fernández. Asemade, o vicepresidente da Deputación de Ourense remarcou que “moitos dos ximnastas que van a competir aquí, en Ourense, teñen a vista posta no vindeiro Campionato europeo”.

O presidente da Federación Galega de Ximnasia lembrou que este evento naceu “hai oito anos no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, como unha parte máis dunha Copa Galicia que tamén temos noutra modalidade deportiva de acrobacia e fixémolo, en principio, competindo exclusivamente contra Portugal porque nos levaba, en trampolín e acrobacia, naquel momento, moitos anos de diferenza”. O obxectivo desta Copa é que “os nosos deportistas lograsen un nivel, tanto nacional como internacional, importante, o cal conseguimos porque no último Campionato de Europa, España sacou seis medallas, en todas elas menos unha, había un deportista galego”, asegurou Jose Manuel Estévez.

En canto á situación actual desta disciplina deportiva, Jose Manuel Estévez dixo que “a nosa intención é elevar o nivel de competición. Hoxe, Galicia, somos a comunidade con máis participantes e que traemos máis medallas nos Campionatos nacionais”.

Manuel Pérez salientou “o alto nivel” da ximnasia en Galicia e en Ourense, tanto no que atinxe “ao rendemento deportivo dos ximnastas que están a lograr grandes resultados a nivel nacional e europeo, como na organización de eventos desta índole”.

Pola súa parte, Cristina Sánchez agradeceu o apoio da Deputación de Ourense para poder desenvolver este evento deportivo que require dunhas instalacións axeitadas e remarcou “a ampla participación de deportistas de base, que permitirá que poidan ver a ximnasia de alto nivel e saber a onde poden chegar”.

20 de abril de 2017 | 17:45 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario