publicidade hoxe

Medio Rural e Concello de Celanova avanzan na mellora de servizos do agro no municipio ourensán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+
Ángeles Vázquez na ruenón co alcalde de Celanova

Ángeles Vázquez na ruenón co alcalde de Celanova

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse este mediodía en San Caetano co alcalde de Celanova, José Luis Ferro, para avanzar na colaboración entre a Xunta e o Concello na mellora de servizos relacionados co agro neste municipio ourensán. Nesta xuntanza, o rexedor trasladou á conselleira diferentes cuestións, entre elas a solicitude –que Ángeles Vázquez se comprometeu a estudar– de apoiar a rehabilitación do matadoiro, que é unha demanda conxunta da mancomunidade de municipios Terra de Celanova.

20 de abril de 2017 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.