publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

López-Chaves supervisa os traballos de asfaltado nas travesías da estrada PO-552 en Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+
López-Chaves na visita a Baiona para comprobar os traballos de asfaltado

López-Chaves na visita a Baiona para comprobar os traballos de asfaltado

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acudiu esta mañá a Baiona acompañado do alcalde do municipio, Ángel Rodal, para supervisar o avance dos traballos de asfaltado proxectados nas travesías da estrada PO-552 (Vigo-Tui) ao seu paso pola localidade. As obras, adxudicadas o pasado mes de marzo e que suporán unha mellora da seguridade viaria desta zona, contemplan unha inversión de máis de 400.000 euros.

O prazo de execución das actuacións é de seis meses aproximadamente, porén se traballará con axilidade para ter a primeira fase rematada a finais do mes de maio. A intervención na glorieta se deixará para unha segunda fase que se retomará xa a partires de outubro. Estas obras teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria das travesías na devandita vía mediante o reforzo de firme das mesmas e unha vez rematadas as accións de mellora, realizarase o repintado de marca viaria no eixe da estrada.

Con estas actuacións, o Goberno galego pretende a recuperación do firme desta estrada, concretamente entre os puntos quilométricos 13+000-14+000 e 15+000-17+000; a execución da nova glorieta no p.q. 16+300 (aprazado o inicio das obras ata despois do verán por petición expresa do Concello de Baiona); o ensanche da plataforma entre os p.q. 16+160-16+240 que permita levar a cabo unha zona destinada a parada de taxis e autobuses. Tamén se manterá a continuidade do itinerario peonil/ciclista existente; a disposición de zonas de estancia e esparcimento para os viandantes; habilitaranse zonas de aparcamento e repintaranse todas as marcas viarias dos treitos de actuación.

Así mesmo, se colocaran os elementos de sinalización vertical e balizamento; poranse distintas instalacións na glorieta do punto quilométrico 16+300; modificarase o alumeado público mediante o retranqueo e a colocación de novos puntos de luz; e substituiranse os distintos dispositivos hidráulicos coa finalidade de adaptalos á nova xeometría proxectada; reubicarase e agruparanse os contedores de lixo e a humanización da rúa mediante a disposición de mobiliario urbano e zonas axardinadas.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

27 de abril de 2017 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.