publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Folgoso do Courel traslada a Ángeles Vázquez o seu compromiso de ser un concello libre de eucaliptos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFolgoso do CourelLocal Portada
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión coa alcaldesa de Folgoso de Courel. Foto: X. Crespo

Ángeles Vázquez na reunión coa alcaldesa de Folgoso de Courel. Foto: X. Crespo

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acaba de coñecer a intención da alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, de converter o seu concello en libre de eucaliptos. A rexedora explicoulle a Ángeles Vázquez que este compromiso xa se levou a pleno no seu municipio e foi aprobado por unanimidade por todos os grupos.

Dende a Consellería do Medio Rural celébrase a decisión do goberno local de apostar por especies autóctonas galegas. Castro explicou nun encontro con Ángeles Vázquez que a súa intención é apostar especialmente polos castiñeiros, xa que se trata dunha especie que está dando moi bos resultados neste concello a través da industria da castaña.

“Como sempre defendemos, é importante ordenar os nosos montes de tal xeito que se poidan compaxinar a actividade e económica coa medioambiental”, declarou a conselleira, e insistiu en que dende Medio Rural “apóstase pola biodiversidade”. Así, enténdense que coa decisión do goberno local, Folgoso do Courel está garantindo a súa singularidade natural e paisaxística.

26 de abril de 2017 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.