publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A secretaria xeral para o Deporte recibe aos 99 campións de España naturais de Pontevedra e a súa área

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+
A secretaria Xeral para o Deporte no encontro cos deportistas

A secretaria Xeral para o Deporte no encontro cos deportistas

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, recibiu no serán de hoxe aos 99 campións e campioas de España naturais de Pontevedra e a súa área. A máxima responsable do deporte a nivel autonómico asegurou que estes 99 deportistas son “os mellores en cada disciplina nun país de 46 millóns de habitantes”.

Neste sentido, a secretaria xeral describiu aos deportistas como “referentes, exemplos a seguir en xeracións máis novas que ven en vós espírito de superación, perseveranza, constancia, resiliencia e, en definitiva, a vontade de ser mellores cada día”. Ademais, Marta Míguez cualificou aos campións e campioas de Pontevedra e a súa área como “orgullo para toda a sociedade galega”. “Hoxe e sempre toda Galicia aplaude os vosos éxitos e síntese máis galega que nunca”, engadiu.

A titular do Deporte galego quixo felicitar tamén aos familiares, amigos e adestradores e a todas aquelas persoas “que vos acompañan no camiño da excelencia competitiva”.

Os 99 campionatos de España acadados por deportistas de Pontevedra e a súa área foron 39 de taekwondo, 35 de piragüismo, 7 de loita, 5 de vela, 5 de remo, 4 de judo, 3 de tríatlon e 1 de natación.

18 de abril de 2017 | 13:17 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario