publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+

Axentes Da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración con axentes forestais do Distrito III Ordes, procederon á imputación dun varón como presunto autor dun delito de tentativa de incendio forestal na parroquia de Marantes, no concello de Santiago de Compostela.

O incendio produciuse o pasado día 7 abril, presuntamente, pola realización dunha queima para a cal había constancia de solicitude á Consellería de Medio Rural, pero na que non se adaptaron todas as medidas de seguridade preceptivas. Como consecuencia ardeu unha superficie rasa de 0,24 hectáreas.

Polos feitos relatados, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda en Santiago de Compostela. No que vai de ano son 19 as persoas detidas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntos autores de incendios forestais.

11 de abril de 2017 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.