publicidade hoxe

A Consellería do Mar mellora as condicións de traballo do porto de Santa Cristina de Cobres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilaboa
A-
A+

A Consellería do Mar vén de mellorar as condicións de traballo do sector profesional do peirao de Santa Cristina de Cobres, no municipio pontevedrés de Vilaboa, a través da execución de diversas reparacións nos pantaláns para a terceira lista.

Para iso, substituíuse a defensa lateral do pantalán e varias táboas e tacos do pavimento. Así mesmo, recolocouse un flotador e subministráronse varios novos de polietileno. Esta actuación foi executada en resposta ás necesidades trasladadas pola confraría de pescadores de Vilanova e así lle foi trasladado polo presidente de Portos, José Juan Durán, a comezos desta semana ao sector. O orzamento total foi de preto de 7.000 euros e os traballos atópanse xa finalizados.

27 de abril de 2017 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.