publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A colaboración dos servizos públicos de Galicia e norte de Portugal impulsa o emprego na Eurorrexión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaTui
A-
A+
Alfonso Marnotes no VI Encontro de oficinas de emprego fronteirizas celebrado en Tui

Alfonso Marnotes no VI Encontro de oficinas de emprego fronteirizas celebrado en Tui

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, salientou hoxe no VI Encontro de oficinas de emprego fronteirizas Galicia-Norte de Portugal a importancia da colaboración dos servizos públicos para incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas e impulsar o emprego na Eurorrexión.

Neste sentido, destacou que esta cooperación é fundamental para aproveitar mellor todas as oportunidades de emprego, asegurando así mellores perspectivas de emprego individual e itinerarios profesionais dos traballadores, ao tempo que se facilita que estes poidan recibir unha axuda máis individualizada. Do mesmo xeito, Marnotes apuntou que esta cooperación, no marco da Rede Eures, permite reducir os obstáculos que se poidan atopar os traballadores e facer efectiva a libre circulación dos mesmos mediante unha mobilidade laboral voluntaria dentro da rexión transfronteiriza.

O encontro celebrado hoxe en Tui busca reforzar o contacto entre os directores e técnicos de oficinas de emprego de territorios moi próximos pero que forman parte de servizos públicos de emprego diferentes, así como afondar na integración da Rede Eures na estrutura dos servizos públicos de emprego de Galicia e Portugal.

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral apuntou que esta Rede favorece o intercambio de ofertas e demandas de emprego entre os traballadores da rexión transfronteiriza, e salientou a importancia de incrementar a cooperación e labor que xa se está realizar entre as oficinas de emprego da Eurorrexión para aumentar as oportunidades laborais das persoas sen emprego.

Marnotes sinalou así mesmo na súa intervención que para mellorar a atención aos demandantes de emprego e aos empresarios, a Xunta deseñou a Axenda 20 para o Emprego. Esta ten entre os seus retos ata 2020 a creación de 80.000 postos de traballo, a redución da taxa de paro ata o 10% e o incremento nun 20% das persoas atendidas en orientación laboral.

26 de abril de 2017 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.