publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís, Deputación Provincial e Concello do Rosal analizan as solucións para evitar o acceso de gando á CG-4.2

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO RosalPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita ao concello de Rosal

Cores Tourís na visita ao concello de Rosal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión no concello do Rosal co alcalde desta localidade, Jesús María Fernández, e o deputado de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, co obxectivo de analizar as solucións para evitar o acceso de gando á CG-4.2 e mellorar a seguridade viaria nesta estrada.

Esta reunión prodúcese despois dos accidentes ocorridos o pasado febreiro cando varios cabalos accederon á CG-4.2, a estrada de alta velocidade que enlaza A Guarda e Tui, chocando con varios vehículos.

Segundo se destacou na reunión mantida hoxe, os cabalos baixan en manada dende os montes de Oia, Tomiño e O Rosal cara ao entorno do río onde pastan. Para chegar ata esta zona, cruzan o vial da Deputación que enlaza coa CG-4.2, o que provoca que algúns acaben accedendo a esta estrada de alta capacidade.

Como primeira medida, acordouse instalar tres pasos canadenses nas saídas dos camiños que conectan coa estrada provincial. “Outra posibilidade que tamén contemplamos é a de instalar un valado con postes metálicos e unha malla, de cara a que non salten á estrada da Deputación”, explicou Cores Tourís.

Outra das medidas de seguridade viaria que se puxeron sobre a mesa é a construción dunha senda que enlace os núcleos de Tabagón con Valdemiñotas, cun tramo que transcorrería pola estrada provincial e outro pola autonómica.

A execución desta obra, que permitiría garantir a seguridade viaria de peóns, será avaliada polos técnicos da Xunta, concello e Deputación, e serviría tamén para dar continuidade a que xa existe neste entorno.

21 de marzo de 2017 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.