publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Técnicos do IGC informan sobre a devolución das cláusulas solo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Asociación de Consumidores e Amas de Casa O Noso Lar xestionou a través do Instituto Galego de Consumo a celebración en Vilagarcía dunha sesión informativa sobre o proceso de devolución das cláusulas solo das hipotecas. Técnicos deste organismo ofrecerán unha charla este mércores na sala de conferencias do Auditorio. A actividade comeza ás 7 da tarde e prologarase ata as 9.

As numerosas dúbidas que teñen os consumidores sobre o procedemento que deben seguir para solicitar aos bancos a devolución do importe que abonaron de máis nas hipotecas que incluían cláusulas solo, así como a escasa é as veces contraditoria información que dan as entidades bancarias, unidos ao escaso prazo de tres medes para solicitar a devolución, son aspectos que se aclararán na charla do mércores.

6 de febreiro de 2017 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.