publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sober conta con 25 adegueiros inscritos na XXXVII Feira do Viño de Amandi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober vén de manter a primeira reunión preparatoria para a XXXVII Feira do Viño de Amandi que este ano se celebrará, como de costume, o sábado e domingo de Ramos, 8 e 9 de abril. O equipo de Goberno mantivo unha xuntanza cos adegueiros da subzona de Amandi para perfilar a organización desta edición, na que se prevé que participen 25 bodegas.

Este ano o concello convidado será o de Nogueira de Ramuín (Ourense) limítrofe con Sober, mentres que a inauguración da XXXVII Feira do viño de Amandi correrá a cargo de Adega Mezquita de Carballeda (Lobios)en homenaxe a seu fundador Pedro Lopez, falecido recentemente.

O Concello de Sober deu comezo xa ás accións promocionais para difundir esta cita etnolóxica declarada de Interese Turístico Galego. Así, ao longo de toda esta semana a localidade contará cun posto na mostra Xantar de Expourense. En concreto, o domingo día 5 a mostra estará dedicada ao Concello de Sober e haberá unha degustación de viño de Amandi con galo de curral a cargo do Concello de Vila de Cruces e do soberino. 

Outros preparativos

Seguindo cos preparativos da Feira do Viño de Amandi, a próxima semana reunirase o xurado que decidirá ao gañador do concurso de carteis convocado para esta edición e que conta con 40 orixinais chegados de diferentes puntos do estado.    

O Concello ultima tamén a presentación do Mes do Amandi, que este ano se fará o día 4 de marzo.

2 de febreiro de 2017 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.