publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ribadumia volve a colaborar co CPI Julia Becerra Malvar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa que unha vez máis  vai a colaborar nas actividades levadas a cabo dende o CPI Julia Becerra Malvar, aportando ao igual que en anteriores ocasións froita e auga para o avituallamento durante as actividades deportivas e de confraternidade dos nosos nenos cos de outros centros educativos da contorna.

Estas colaboracións véñense levando a cabo dende o ano pasado, cando a final de curso durante un evento solidario organizado dende o Colexio e que buscaba concienciar os nosos nenos neste valor fundamental, se lles fixo entrega de auga e froita para que merendasen a media mañá e así poder  continuar con enerxía as súas actividades lúdicas.

Dende o CPI Julia Becerra Malvar solicitaron esta colaboración novamente neste ano en curso, e deste xeito o Concello de Ribadumia colaborou o mes pasado do mesmo xeito coa súas actividades de confraternidade e deporte con nenos doutros centros.

E do mesmo xeito, mañá día 21 de febreiro, se lle enviarán mazás e auga para que os nenos teñan unha merenda saudable.

20 de febreiro de 2017 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.