publicidade hoxe

O Concello de Ames repartirá 4.050 euros no Entroido que se celebrará o 27 de febreiro en Bertamiráns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O próximo luns, 27 de febreiro, o Concello de Ames celebra a sexta edición da Festa de Entroido. Este ano esta celebración realizarase, a partir das 17:00 horas, no aparcamento da Telleira, que está situado en Bertamiráns. O prazo de inscrición para o concurso de disfraces poderanse realizar ata as 11:00 horas do propio día da Festa de Entroido. No concurso de disfraces repartíranse 3.800 euros, que estarán repartidos nas seguintes categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Ademais, haberá un premio de 100 euros ao mellor disfrace creado con materiais de reciclaxe. Este ano repítese o premio especial, creado o ano pasado, á mellor copla de composición propia cantada en galego, que está dotado de 150 euros. Os Festicultores Troupe e A Banda da Balbina porán música a esta festa.

O Concello de Ames está organizando para o vindeiro luns, 27 de febreiro, unha nova edición da Festa de Entroido, que este ano se desenvolverá na localidade de Bertamiráns, a partir das 17:00 horas. A programación desta festa conta cun concurso e desfile de disfraces no que se pode participar nas seguintes categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Nas dúas primeiras poderase participar de forma individual ou en parellas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os impresos de inscrición no concurso de disfraces.

Os participantes deberán ter 12 anos ou menos na categoría infantil e máis de 12 anos na de adultos. Os grupos deberán estar formados por entre 3 e 9 persoas e as comparsas por 10 ou máis persoas, de calquera idade en ambos casos. O concurso desenvolverase no aparcadoiro da Telleira, en Bertamiráns, ao carón da piscina municipal cuberta. As inscricións para participar no concurso de disfraces realizaranse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 535 940 ou enviando un correo ao enderezo cultura@concellodeames.gal. A data límite das inscricións é o propio luns 27 de febreiro, día do concurso, ás 11:00 horas.

Os datos que hai que achegar son o título do disfrace, o nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, o DNI, un teléfono de contacto, a categoría na que se participa e o número de participantes. Os menores de idade deberán ser inscritos polo seu responsable legal. No caso dos grupos, a inscrición deberá ser asinada por dúas persoas maiores de idade; catro no caso das comparsas, sempre que non pertenzan a asociacións legalmente constituídas. Os representantes deberán estar apoiados polos demais membros concursantes e autorizados para recoller o premio.

Categorías e premios do concurso de disfraces

Ademais dos premios das categorías infantil, adultos, grupos e comparsas haberá un premio especial ao mellor disfrace creado con materiais de reciclaxe.  Asemade, este ano repítese o premio especial, creado o ano pasado, á mellor copla de composición propia cantada en galego, que está dotado de 150 euros. A este premio poderán optar os grupos e comparsas que interpreten unha copla de composición propia.

Os grupos ou comparsas terán, como máximo, tres minutos para cantar a súa copla subidos ao escenario. As actuacións e os disfraces serán avaliados por tres persoas designadas polo departamento de Cultura e Educación cuxa decisión, inapelable, será dada a coñecer o mesmo día do concurso. Repartiranse 3.800 euros entre as categorías infantil, adulta, de grupos e de charangas, que se suman a outros 100 euros destinados ao mellor disfrace reciclado e 150 euros á mellor copla.

O desfile de disfraces comezará ás 18:00 horas. Os concursantes desfilarán acompañados da música que marque a charanga. Este ano Os Festicultores Troupe e A Banda da Balbina porán música a esta festa. Nesta edición, como novidade, cambiase a actuación que facía unha orquestra despois do desfile, por unha banda da comarca como é A Banda da Balbina

8 de febreiro de 2017 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.