publicidade hoxe

La Pepita convídate ao encontro Santiago Futsal contra Levante UDDM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Esta semana aproveita a oportunidade de gozar das deliciosas hamburguesas do local de moda en Santiago; La Pepita Burguer Bar, e asistir gratis ao encontro do Santiago Futsal ante Levante UDDM deste venres (20.45h,  Multiusos Fontes do Sar). La Pepita e Santiago Futsal, convidan a todos os clientes do patrocinador santiagués ao encontro que os galegos disputarán o venres ante un rival directo na consecución da permanencia.  Por cada hamburguesa consumida entre hoxe e o venres, tanto en horario de comida como de cea, entregarase unha invitación para o devandito encontro.

Esta acción entre a cadea de restauración e o equipo compostelán enmárcase dentro do patrocinio que as dúas entidades asinaron hai apenas un mes, e que tan bos resultados está a ter para a escuadra santiaguesa; que loce o logo de La Pepita na parte traseira da camiseta oficial de xogo.

No plano deportivo, o plantel retomará esta tarde as sesións de adestramento preparando o encontro do venres ante Levante UDDM. A derrota do pasado venres ante El Pozo Murcia (6-2) non minguou os ánimos brancos, xa que as sensacións na pista foron moi positivas pese ao resultado cultivado. Os de Santiago mantéñense no 9º posto (25 puntos) a unha distancia de 11 puntos do penúltimo clasificado, Levante UDD; rival do venres no Multiusos Fontes do Sar. Os de Santi Valladares queren sumar a oitava vitoria da temporada ante un competidor directo na carreira por asegurar a permanencia na Primeira División, dada a igualdade entre os equipos que se atopan na zona nobre da táboa.

20 de febreiro de 2017 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.