publicidade hoxe

Ferrol acollerá unha xornada informativa para asesorar aos afectados polas cláusulas de chan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A campaña informativa posta en marcha pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para informar aos consumidores sobre a última sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativa ás cláusulas de chan e o procedemento extraxudicial activado polo Goberno central chegará mañá mércores, día 21 de febreiro, a Ferrol.

Así, o Salón de de Graos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (na Praza Camilo José Cela s/n) acollerá a partir das 19 horas esta xornada na que participará a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e na que se explicarán os pasos que deben seguir os afectados para facer efectiva a súa reclamación ante as entidades financeiras.

A campaña informativa, que está a percorrer as principais vilas e cidades galegas, ten como obxectivo prestar información e asesoramento gratuíto ás persoas que se viron afectadas por cláusulas de chan abusivas nos seus créditos hipotecarios. A través destas charlas, a Xunta indica a usuarios e consumidores que teñen a súa disposición todos os medios cos que conta a Administración autonómica para que poidan reclamar ante as entidades bancarias a devolución do diñeiro cobrado indebidamente a través das cláusulas de Ferrol acolle mañá unha xornada informativa organizada pola Xunta para asesorar os afectados polas cláusulas de chan, e informa sobre o procedemento extraxudicial aprobado polo Goberno central.

Para facilitar o acceso a toda a información que precisan, tamén está publicado na web de Consumo (https://consumo.xunta.gal/) as instrucións sobre cómo proceder para reclamar ante as entidades financeiras, así como un modelo de formulario para realizar a reclamación e a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ao respecto, así como o Real Decreto-lei 1/2017, do 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas de chan.

Ademais, os cidadáns poden recibir información e asesoramento nas oficinas do Instituto Galego de Consumo, a través do teléfono gratuíto 900 231 123, así como nas oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC) e nas asociacións de consumidores e usuarios de Galicia.

21 de febreiro de 2017 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.