publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

AGACA presenta EuroDairy, unha rede europea para o progreso do sector lácteo en Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O vindeiro xoves, 2 de febreiro de 2017, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Mabegondo- A Coruña) acolle a presentación,en Galicia, do proxecto EuroDairy, unha nova rede internacional concibida para aumentar a sostibilidade económica, social e medioambiental da produción leiteira en Europa.

A presentación, a cargo de técnicos de Ingacal (Instituto Galego de Calidade Alimentaria), Ligal(Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite) e AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) virá precedida dunha mesa redonda na que se exporán estratexias para a produción e a comercialización do sector leiteiro galego ante o novo escenario normativo e de mercado. Intervirán Edelmiro López, profesor da Universidade de Santiago; Francisco Sineiro, profesor da EPS/USC – campus Lugo; Fernando de Antonio, técnico de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España e Luis Calabozo, director xeral da FeNIL.

No proxecto EuroDairy,que rematará a principios de 2019, participan 14 países: Reino Unido, Países Baixos,Suecia, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal, Esloveniae España, englobando o 40% dos produtores de leite, o 45% das vacas e o 60% da produción de leite europea.

EuroDairy fomentará o emprego e difusión da innovación baseada na práctica na produción leiteira, enfocada a cuestións clave de sostibilidade despois da abolición das cotas leiteiras, como a resiliencia socieconómica, a eficiencia dos recursos, e a produción con obxectivos de biodiversidade co fin de adaptar e desenvolver solucións implementables a través da rede.

1 de febreiro de 2017 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.