publicidade hoxe

Viaxa a Madrid para apoiar ao Rio Natura Monbus Obradoiro ante Movistar Estudiantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Tras o axustado e intenso partido do pasado fin de semana en Multiusos Fontes do Sar comeza unha nova semana de adestramentos no Rio Natura Monbus Obradoiro para preparar o choque do próximo domingo, ás 12.30 horas, fronte ao Movistar Estudiantes.

Para o equipo, poder sentir o apoio dos seus afeccionados obradoiristas nos partidos como visitantes é un privilexio e, por iso, o club organiza de novo xunto a Monbus, membro do Club de Empresas Obradoiro, unha viaxe para que a afección poida viaxar a Madrid para animar ao equipo no encontro deste domingo.

Como noutras ocasións, a saída do autobus está prevista para as 2.00 horas da madrugada do domingo desde o Multiusos Fontes do Sar, e a volta, o mesmo domingo media hora despois da conclusión do encontro.

Os abonados poderán comprar a súa entrada a 9€ (bus incluído) e o non abonados a 19€ (entrada+bus). Todos aqueles que adquiran este pack de entrada + viaxe levarán unha invitación para Tribuna 2 para o próximo partido do equipo na casa, contra o ICL Manresa (sábado 4 de febreiro, ás 20.00h).

Aqueles que prefiran realizar a viaxe pola súa conta pero queiran adquirir entradas soltas, poderán facelo a un prezo único de 9€. 

A inscrición pódese realizar desde hoxe mesmo até o xoves 26 ás 20.00 horas nas oficinas do club ou mediante o correo electrónico abonados@obradoirocab.com. A viaxe realizarase sempre que se cubra o número mínimo de prazas. 

23 de xaneiro de 2017 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.