publicidade hoxe

Sete taekwondistas galegos competirán no Open de Lille de Técnica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A Federación Galega de Taekwondo estará presente no V Open de Lille de Técnica, que se celebrará esta fin de semana na cidade francesa cun total de 532 participantes. Sete deportistas (Nerea Alamancos, Alejandro Losada, Ingrid Gómez, Samuel Meilán, Gabriel Tembrás, Beatriz Felpeto e Noelia Pérez) serán os nosos representantes nesta importante proba europea. Seis dos deportistas (Nerea, Alejandro, Samuel, Gabriel, Beatriz e Noelia) xa acadaron a clasificación para o Europeo de técnica (comezos de maio en Grecia), ao conseguir medalla na President Cup de Bonn do 2016. Este Open non outorga praza para o Europeo, pero será unha boa experiencia deportiva xa que é un campionato cun altísimo nivel, que conta coa participación de varios medallistas europeos e mundiais.

Ingrid Gómez (Tao) e Nerea Alamancos (Tao) competirán en sénior 1 feminino, mentres que Alejandro Losada (Tao) farano en sénior 1 masculino; Samuel Meilán (Tao) e Noelia Pérez (Hebe) en sénior 2 (masculino e feminino, respectivamente); Bea Felpeto (Moodukwan) e Gabriel Tembrás (Moodukwan) en individual júnior (feminino e masculino, respectivamente); Nerea Alamancos e Alejandro Losada (Tao) participarán en parellas 1 e Bea Felpeto e Gabriel Tembrás (Moodukwan) en parellas júnior.

E tamén teremos participación en freestyle, con Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto (Moodukwan) en parella de menos de 17 anos e Ingrid Gómez (Tao) en individual + 18 anos.

13 de xaneiro de 2017 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.